ConcellosÚltima hora

O rali de inverno de clásicos regresa á Rúa

Os afeccionados teñen unha cita coas xoias do motor o sábado 20 de febreiro na rúa Doutor Vila

_DSC4333

Despois de catro anos sen achegarse a Valdeorras, os clásicos deportivos do Rali de Invierno chegarán á Rúa o sábado 20 de febreiro.

A presentación do evento tiña lugar na tarde do 15 de febreiro no salón de plenos do Concello por parte da alcaldesa, María G. Albert e o responsable da organización do tramo polo oriente ourensán e vogal do Rali Club de Inverno, José Rodríguez.

O propio Pepe, adiantou que serán a 61 (55 en competición, catro como convidados e dous turistas) os vehículos que na tarde do sábado día 20 a partires das 13:31h. cheguen á rúa Doutor Vila e praza da Estación. Irán pasando polo conrol un cada minuto, e alí, permanecerán aparcados durante o xantar dos pilotos e copilotos que terá lugar na Casa da Cultura. Xa a partires das 15:31h. tomará a saída o primeiro, saíndo o resto cada minuto.

Os participantes no rali, xoias sobre catro rodas como Mercedes SL 250, Jaguar, Renault Alpine, Posrche, BMW… Todos de antes de 1975, chegarán á Rúa o día 20 de febreiro pero a proba comezará xa dous días coa chegada dos pilotos e copilotos ao Hotel Casino de Chaves (Portugal).

Presentación do rali de inverno no salón de plenos do Concello da Rúa. /Foto: Carlos G. Hervella.
Presentación do rali de inverno no salón de plenos do Concello da Rúa. /Foto: Carlos G. Hervella.

Con todo, o rali propiamente dito, unha proba de regularidade non de velocidade, desenvolverase entre o 19 e o 20 con saídas dende Braga e Allariz ata o Castelo de Montealegre de onde partirán ata a Xironda ao lado de Xinzo, pasando por Viladeferre (Oímbra) e Chaves. Ao día seguinte tocará a etapa máis dura para estos coches, con saída de Chaves e concentración na Gudiña. O percorrido pola mañá pasará por Vilariño de Conso, Manzaneda e A Rúa, e despois de xantar, a carreira continuará pola estrada xeral rumbo a Larouco, O Bolo, Viana, Pinza, Pixeiros e A Gudiña. Dende aí, xa en tramo aberto os motores resoarán pola autovía ata Chaves coa cea e entrega de premios como colofón.

Coma sempre, é moi dispar a procedencia dos participantes na proba organizada polo Rali Club de Inverno. A maioría son pilotos galegos e portugueses, pero tamén veñen algúns de Asturias, Navarra ou Castela León.

Artigos relacionados

Back to top button