DeportesEn portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

O reto solidario 5+1 subidas ao Alto do Boi (Quiroga), conseguido

É o segundo proxecto deste tipo que promoven 4 ciclistas valdeorreses para darlle visibilidade á problemática dos lumes e para apoiar á asociación "El Motor de tus pasos"

 

Pese á forte chuvia e ao vento que os acompañaban en boa parte da xornada, os ciclistas participantes no reto solidario 5+1 subidas ao Alto do Boi (Quiroga) cumprían o seu obxectivo e completaban esas seis viaxes para darlle visibilidade á problemática das zonas afectadas por lumes o pasado verán. Ademais dedicábanlle este novo logro a “El Motor de tus pasos”, unha asociación que recauda fondos para a investigacion da enfermidade Charcot Marie Tooth.

Ademais dos ciclistas valdeorreses promotores da iniciativa, a esta proposta deportiva tamén se sumaban nalgunhas das subidas, persoas outras persoas de diferentes idades, entre elas o deportista Iván Raña.

 

 

O reto comezaba ás 9h. dende o pavillón polideportivo de Quiroga saían ás 9h. A partir de aí iniciaban un traxecto que rozaba as dez horas e culminaba arredor das 18:30h. desta tarde de sábado. Eran un total de 144 km e 4.320 m de desnivel.

 

 

 

 

Este é o segundo reto benéfico que catro amigos valdeorreses da Peña Ciclista Valdeorras Bike (Juan Carlos “Cacaito”, Víctor “Parra”, Antonio “Cholas” e Fernando “Pin”) poñen en marcha con éxito. Desta volta, ademais, contaban co apoio do Concello de Quiroga. E a súa intención é continuar con novas probas deste tipo en zonas devastadas polos incendios, “estamos dispostos a colaborar con quen estea interesado”, aseguran.

Fotos e vídeos: cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button