DeportesÚltima hora

O rider rues Javier Fernández, 5º no recuperado DH A Fracha (Pontevedra)

Javier Fernández. /Foto: @brevebretema @pablo_igli.

 

Despois de anos sen celebrarse, Pontevedra recuperaba a pasada fin de semana o Descenso DH A Fracha. A cita, cuarta proba puntuable da Copa Galicia da especialidade, celebrábase o sábado 16 de setembro no parque forestal pontevedrés con máis dun cento de participantes entre os que estaba Javier Fernández Quiroga.

Durante a súa baixada, o rider rues tiña algún que outro problema, “había moito barro” asegura. Así e todo conseguía acabar no 5º posto da categoría elite, situándose por puntos e a falta dunha carrera “líder elite de Galicia”, di Javier.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button