DeportesÚltima horaVídeos

O rider rues Javier Fernández imponse na xeral ebike da MenoEndor en Cubillos del Sil

 

O rider Javier Fernández Quiroga vén de sumar outro trofeo á súa carreira en descenso (DHI). Facíao na xornada deste domingo 10 de marzo en Cubillos del Sil onde subía ao alto do podio tras lograr o primeiro posto en ebike na MenoEndor.

 

 

Era unha carreira na que o deportista rues non quería arriscar, pero canto menos arriscaba peor se lle daba ata que decidía apretar. “Eran cinco  tramos cronometrados e nos dous primeiros tiven problemas, sobre todo no segundo onde sufrín unha caía importante ata o punto de pensar en avandonar”, explica Javier. Finalmente continuaba e os tres tramos seguintes déronselle ben e acabou gañando. Era primeiro na xeral ebikes cun tempo total de 17:00.117.

Nesta carreira en especial, Javier agradece a colaboración que está tendo por parte de Talleres Herminio que o están axudando moito esta tempada. “Sempre que se me estropeaba a furgoneta estaban aí para que puidera ir ás carreiras”, di agradecido.

 

 

Dous momentos da carreira de Javier Fernández Quiroga en Cubillos del Sil:

https://youtube.com/shorts/LQPSq7Z6IBE?feature=share

https://youtube.com/shorts/xN6AQ7x_2Ds?feature=share

Fotos e vídeos cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button