DeportesÚltima hora

O rider rues Javier Fernández Quiroga é membro do club que organiza o I Trofeo Federación DHI Cabreiroá

A carreira de descenso en BTT celebrarase os días 13 e 14 de maio no concello de Verín

Presentación da carreira en Verín.

 

A Federación Galega de Ciclismo e o Club Deportivo Bicicletas Chinquena Racing Team (do que forma parte o rider rues Javier Fernández Quiroga) organizan, coa colaboración do Concello de Verín, a primeira edición do Trofeo Federación DHI Cabreiroá, que terá lugar os días 13 e 14 de maio de 2023 no monte Montemaior, en Cabreiroá (Verín).

A competición, que será de carácter nacional e rexida pola normativa autonómica, disputarase no circuíto de descenso de Cabreiroá, que ten unha lonxitude de 1,78 km e un desnivel de 322 metros. O evento contará cos servizos de remontes e asistencia médica, ademais de área de lavado de bicicletas e avituallamento para os corredores durante as mangas de competición.

 

O rues Javier Fernández Quiroga en pleno descenso./ Foto: Manuel Domínguez.

 

Para participar, é necesario contar coa licenza federativa de competición, e o prazo de inscrición estará aberto ata o 12 de maio a través da plataforma web da Federación Galega de Ciclismo. As categorías de inscrición son: Elite, Sub23, Júnior, Cadete, Infantil, Máster30, Máster40 e 50, tanto para homes como para mulleres. Tamén haberá unha categoría especial de enduro absoluta, sen distinción de categorías de idade nin de sexo.

Os días 13 e 14 de maio, haberá unha xornada de adestramamentos libres e a competición terá lugar o sábado 14, con entrenos oficiais ás 8:30 horas, seguidos da manga clasificatoria ás 11 horas e a manga final ás 13 horas. O evento rematará ás 14 horas coa entrega de trofeos.

Máis información e detalles do recorrido do circuíto e das normas de seguridade, entre outros aspectos, na web da Federación Galega de Ciclismo.

 

Artigos relacionados

Back to top button