Arredor das cinco desta tarde poñíanse en marcha os X Cantos de Taberna da Pobra de Brollón cuns 16 grupos participantes, entre eles Os Parrandas de Córgomo (Vilamartín). As agrupacións empezaban a circular de dous en dous polos oito bares do municipio, repartidos entre A Pobra do Brollón, Salcedo, Cereixa e A Estación.
Á noite, ás 22:30, grupos e público xúntanse na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ para a clausura. Entregaranse os agasallos aos grupos participantes, que farán unha pequena actuación.
Fotos cedidas por Os Parrandas.