DeportesFútbolÚltima horaVídeos

O CD Córgomo Vilamartín cae na estrea en casa, ante A Peroxa CF

Co 1-2 remataba o segundo partido de liga disputado na tarde deste domingo 15 de setembro no campo do Bañadoiro

 

Non pudo ser. Despois de tanto tempo esperando o CD Córgomo Vilamartín xoga por fin os partidos de casa no campo do Bañadoiro sendo na tarde deste domingo 15 de setembro cando se estraba diante da afección (a primeira xornada foi a domicilio), confiando facelo cunha vitoria pero o resultado non acompañaba, caendo 1-2 ante A Peroxa CF.

 

 

Nunha das tardes máis calurosas do verán, a afección verdibranca buscaba sitio a pé de campo, protexidos do sol con gorros e mesmo paraugas mentres os xogadores de ambos equipos ían collendo posicións no campo sen grandes oportunidades.

 

 

Os locais eran os primeiros en anotar co gol de Saki no minuto 58, xa no segundo tempo. Un tanto que os vermellos da Peroxa empataban no 61′ dándolle a volta ao marcador co segundo gol no minuto 87, botando así por terra os esforzos dos rapaces de David Pérez que suman a segunda derrota consecutiva. O seguinte partido será no campo Cardenal Quiroga contra o CD Maceda.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button