DeportesFútbol salaRúa Valdeorras CFÚltima hora

O Rúa Valdeorras FSF abre a tempada en casa goleando ao Ourense Envialia “C”

Co 10-2 remataba o partido disputado na tarde deste domingo 20 de novembro no pavillón municipal da Rúa

 

Por todo o alto. Así comezaba o Rúa Valdeorras FSF a tempada 2022/2023, unha das máis esperadas na que loitarán polo título e polo ascenso. E dado o resultado dos dous primeiros partidos disputados ata o momento, van camiño de logralo.

Tralo 0-12 na cancha do Coles co que abrían a campaña e trala xornada de descanso, na tarde deste domingo 20 de novembro as rapazas de Rosendo Durán estreábanse na casa, no pavillón municipal da Rúa, cunha nova goleada desta volta ante o Ourense Envialia “C”.

 

 

Diante dun numeroso e animado público as ruesas adiantábanse no marcador no minuto 1 co primeiro gol de Marta e xa no 2′ Carolina marcaba o segundo local. Marta, moi acertada no partido desta tarde, volvía marcar no minuto 5 e no 15′ era Lola quen poñía o 4-0 no marcador. No minuto 24, as visitantes abrían o seu marcador pero nunha contra Nerea seguía sumando para o Rúa. Carolina marcaba o seu segundo gol para as amarelas (6-1) e Carlota anotaba tres case seguidos. No minuto 46 Marta marcaba o seu terceiro gol da tarde e a piques de rematar o encontro as ourensás marcaban o segundo.

Co 10-2 final as ruesas mantéñense como líderes da clasificación. A seguinte cita será no pavillón do Carballiño FS, segundo clasificado.

 

Artigos relacionados

Back to top button