En portadaÚltima horaVídeos

O Rúa Valdeorras FSF gana a liga e ascende á categoría autonómica

As pupilas de Rosendo Durán vencían 4-2 ao Verín logrando o ascenso directo diante dunha emocionada afección

 

O ano pasado quedaban ás portas, por iso a meta para esta tempada era ser campioas de liga e ascender á liga galega. Con este obxectivo comezaban a campaña 2022/2023 as rapazas do Rúa Valdeorras FSF e na tarde deste sábado 11 de marzo, a falta dun partido para o final da liga, facíano realidade.

 

Plantel do Rúa Valdeorras FSF.
Plantel do Verín.

 

Tras unha tempada impecable, con 10 vitorias noutros tantos partidos, a maioría por goleada, as pupilas de Rosendo Durán recibían en casa, no pavillón municipal da Rúa, ás do Verín (segundo clasificado) e valíalles o empate, pero non perderon a oportunidade de poñer o ramo á liga vencendo 4-2.

 

 

Era Marta quen adiantaba ás valdeorresas no marcador cun primeiro gol no minuto 6. Apenas tres minutos despois Anxela poñía o 2-0 e no 12′ era Carlota quen marcaba o cuarto gol da tarde para o Rúa. Co 3-0 chegaba o descanso e tralo paso polo vestiario reaccionaban as do Verín marcando no minuto 30. Sabela respondía para o Rúa poñendo o 4-1 e no minuto 38 as visitantes volvían marcar.

 

 

Co 4-2 o colexiado pitaba o final e o pavillón da Rúa poñíase en pé. Durante a semana dende o club valdeorrés convidaban á afección a vestir de amarelo as bancadas animando unha vez máis as rapazas, e así o facían, celebrando con elas o partido, a tempada e o merecido ascenso. Non faltou a decoración nas cores do equipo (amarelo e azul), nin o “pasillo”, os aplausos, abrazos e mostras de cariño e alegría de todo o público pero moi especialmente por parte das familias das xogadoras.

 

 

 

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button