Cos deberes feitos colle as vacacións de Nadal o Rúa Valdeorras FSF. Na tarde deste sábado 21 de decembro as rapazas de Jovito enfrontábanse en casa, no Pavillón ao Concello de Coles, no último partido de liga antes do parón navideño, que se saldaba cun contundente 8-0.
Con claro dominio local, Julia marcaba o primeiro gol no minuto 9 e xa non paraban. No 20′ marcaba Marta, no 29′ Leticia, no 33′ Anxela, no 35′ e no 36′ volvía marcar Julia, no 38′ volvía marcar Marta, e no 47′ Noemí sentenciaba o encontro.
Con este resultado as valdeorresas lideran a clasificacion na Primeira Futgal Feminina, cun punto de vantaxe sobre o segundo o Carballiño FS.

A liga non volverá ata despois das festas, o 11 de xaneiro de 2025, pero antes, o venres día 27 de decembro, disputará un partido benéfico contra o equipo de Veteranos no CD Rúa. Será ás 20 horas e a entrada, 1 kg de alimentos non perecedoiros.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver



