DeportesFútbol salaRúa Valdeorras CFÚltima hora

O Rúa Valdeorras FSF segue líder da Copa Deputación tras golear ao Carballiño FS

 

Ás rapazas do Rúa Valdeorras FSF non hai quen as pare. Nin sequera as lesións. Malia as baixas de Carolina e tamén de Sabela, o equipo que dirixe Rosendo Durán segue líder da clasificación, na loita pola Copa Deputación, trala vitoria 8-0 ante as do Carballiño FS.

O partido disputábase na tarde deste sábado 6 de maio no pavillón municipal Vitorino Núñez onde as valdeorresas non deron tregua.

O seguinte partido levará ao Rúa Valdeorras ata a capital da provincia para enfrontarse ao Ourense Envialia C.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button