DeportesFútbol salaRúa Valdeorras CFÚltima hora

O Rúa Valdeorras Futsal comeza a pretempada con “máis ganas que nunca”

Convida á afección a ver co equipo a final do Campionato do Mundo Feminino en pantalla xigante, o domingo ás 12 horas na terraza de O 4

 

Con máis ganas e ilusión que nunca. Tras un año de pura emoción toca comezar unha nova tempada que no caso do Rúa Valdeorras Futsal tiña lugar na tarde deste venres 18 de agosto no pavillón municipal da Rúa.

Pasadas as oito da tarde e un ano máis ás ordes de Rosendo Durán as 12 xogadoras que conforman o plantel para esta nova campaña, comezaban a pretempada co primeiro adestramento oficial.

Á parte da fichaxe de Gisela e dalgún pequeno cambio na directiva, o equipo que competirá este ano en Preferente Galicia conta cunha preparadora física que será a encargada de poñer a punto ás xogadoras: Sabela, Carlota, Marta, Noa, Alba, Anxela, Lola, Carol, Noemi, Antía e Nerea renovadas da pasada tempada, máis Gisela que se incorpora para reforzar a portería e tres que empezarán a proba.

Na presentación do equipo á que tamén asistía o concelleiro Avelino Fernández, o adestrador asegurou que esta será unha tempada moi complicada e de moito nivel na que cada unha da xogadoras terá que dar o mellor de si mesma e traballar moi duro.

E para celebrar o inicio de tempada e ao mesmo tempo recadar fondos para o club, o Rúa Valdeorras Futsal convida á afección a ver coas xogadoras a final do Campionato do Mundo Feminino, coa colaboración de Adegas Sampayolo e O 4. Porán unha pantalla xigante na praza do Concello e venderán vermús como aperitivo para axudar ao club. Será o domingo 20 de agosto ás 12 horas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button