DeportesÚltima horaVídeos

O rues Javier Fernández “Zape”, segundo no I Trofeo Federación DHI Cabreiroá celebrado en Verín

 

O circuíto de descenso de Cabreiroá (Verín), que ten unha lonxitude de 1,78 km e un desnivel de 322 metros, acollía na fin de semana do 13 e 14 de maio a primeira edición do Trofeo Federación DHI Cabreiroá, organizado pola Federación Galega de Ciclismo e o Club Deportivo Bicicletas Chinquena Racing Team.

 

 

Unha carreira na que o rider rues Javier Fernández Quiroga, especialista en descenso en BTT e membro do club anfitrión, lograba subir ao segundo chanzo do podio cun tempo de 3 minutos e 17 segundos, seis máis que o gañador e tricampión de España, Chisco González.

 

 

Javier, máis coñecido como Zape, participaba no descenso de Verín trala súa participación no Descenso Internacional de Boticas, en Portugal, no que había uns 250 corredores inscritos, entre eles o barquense Juan Fernández que era noveno na categoría júnior. En Verín, Juan caía durante os adestramentos polo que non podía correr na final.

 

 

Fotos e vídeos cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button