CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O rues Magín Blanco dará un concerto na Insua dos Poetas (O Carballiño) este domingo 10 de novembro

Será ás 17:30 horas dentro do programa "Magosto dos nenos e nenas na lingua propia"

O músico rues Magín Blanco./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Este domingo 10 de novembro Magín Blanco dará un concerto na Insua dos Poetas, en Esgueva (O Carballiño), dentro do programa “Magosto dos nenos e nenas na lingua propia”, no que haberá música, xogos, castañas, bica e moito máis.

A actuación terá lugar ás 17:30h e xirará arredor de Caderno de cores e cancións o último libro-disco do cantautor rues. Un diálogo entre as músicas, os instrumentos, as rimas e as sonoridades, un convite a participar nunha viaxe onde as emocións son as protagonistas.

 

 

“Sensibilidade e cor, son os elementos que caracterizan un traballo ateigado de valores, que convida ás lectoras e lectores a desfrutalo soas ou en compañía”, din dende a editorial Galaxia, destacando que este álbume está pensado para que as nais e pais o compartan coa cativada, accedendo á música de Magín Blanco a través dun QR que contén no interior. Todas as cancións foron compostas por Magín Blanco e gravadas e mesturadas por Segundo Grandío en Casa de Tolos.

“Ola amigos! Como estades? Nós estamos ben. Construíndo realidades e soños tamén. Imos pasiño a pasiño percorrendo algún camiño que nos achegue ata ti”. Así comeza a banda musical deste álbum que o domingo chegará ao Carballiño.

 

Artigos relacionados

Back to top button