CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O rues Magín Blanco estrea a xira de despedida do seu musical infantil ‘A Nena e o Grilo’ no Culturgal

Será o domingo 1 de decembro ás 12:15 horas no auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra

 

A última aventura da Nena e o Grilo do músico rues Magín Blanco será o próximo domingo 1 de decembro, ás 12:15 horas no auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra.

A Nena e o Grilo, o camiño das cores é a cuarta e última entrega deste espectáculo, o músical infantil máis aclamado na escena galega nos últimos 15 anos. Chegará ao Culturgal para estrear a súa xira de despedida da man de Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos. As entradas xa están á venda desde 3 euros con importantes descontos por compra anticipada en cultur.gal.

Unha viaxe intrépida que a nena e o grilo percorrerán da man ata o mellor destino posible, o País das Apertas. Montse Piñón será de novo ‘A Nena’ e Pepablo Patinho ‘O Grilo’. Un espectáculo para toda a familia na última xornada do Culturgal, que será do 29 de novembro ao 1 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Artigos relacionados

Back to top button