
As instalacións do Pavillón de Deportes dos Remedios acolleron esta mañá a presentación do I Torneo Cidade de Ourense, unha competición que se disputará este próximo mércores día 14 ás 21 horas no mesmo pavillón. No terreo de xogo estará o cadro do Sala Ourense fronte ao plantel do Santiago Futsal.
A presentación da iniciativa correu a cargo do presidente do clube anfitrión, Antonio Sanmiguel, que estivo acompañado polo xerente do pavillón, Mario González, o xerente do Centro Médico El Carmen, Carlos Morante, como principal patrocinador do evento, Luis Ferreiro e dous xogadores, Alli e Adrián.
A cita deportiva promete concentrar público, xa que se trata dun partido de “alto nivel”, segundo explicaron. A idea é “apoiar o maior número de equipos e de deportes ao mesmo tempo que coñezan as nosas instalacións”, engadiron.