Galerías de fotosÚltima hora

O Samaín na biblioteca municipal do Barco

Cabazas, caramelos, moricegos e multitude de libros de temática relacionada co fantástico. A Biblioteca Municipal Florencio Delgado Gurriarán do Barco vén de celebrar este ano de maneira moi especial a tradición do Samaín. Dende o pasado 17 de outubro as súas instalacións locen adornadas con debuxos de moricegos e cabazas, así como con outros detalles alusivos a esta festa de orixe celta relacionada co máis alá e que predice a chegada do inverno. Ademais na vitrina de entrada á biblioteca expóñense unha serie de obras literarias vencelladas co Samaín.

Esta decoración é obra do persoal da biblioteca que contou ademais coa aportación dalgúns dos seus usuarios. A iniciativa foi moi ben acollida entre os visitantes destas instalacións, que tamén son agasallados con caramelos saídos dunha cabaza.

Fotos: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button