SanidadeÚltima hora

O Sergas colaborará co Concello da Gudiña na reparación da cuberta do Centro de Saúde

Xa trasladou a esta administración local unha proposta de convenio para cofinanciar unhas obras de reforma para as que se estima un custo de preto de 50.000 €

 

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña vén de trasladar ao alcalde da Gudiña, José María Lago, a intención da Xunta de colaborar nas obras de reparación da cuberta do centro de saúde deste Concello, necesarias para poder arranxar o problema de filtración de auga que ven sufrindo o edificio.

Conselleiro e alcalde acadaron este acordo nunha reunión mantida esta semana na xerencia do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense na que estiveron acompañados do delegado Territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e do xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, Félix Rubial. Dado que o centro de saúde é de titularidade municipal, resulta necesario subscribir un convenio de colaboración entre o Sergas e o Concello.

Artigos relacionados

Back to top button