CulturaGalerías de fotosÚltima hora

O Silfest amence con música de Los Íñigos, cata de viños e talleres infantís

O festival ofrece pola tarde concertos cos grupos The Lákazans, Maryland, Big Crunch, Presumido, The Morgans, Correos e Cora Sayers

O Silfest que se celebra esta fin de semana ás beiras do río no Barco de Valdeorras afronta hoxe o seu ecuador. Así, a programación de mañá da cita festiva contemplaba obradoiros para nenos, unha cata de viños cara o mediodía e sesión vermú con música de Los Íñigos. Ademais, o parque está repleto de postos de artesanía e pulpeiros, para degustar a mellor gastronomía galega.

Pola tarde continúan as actividades para os máis cativos, con talleres infantís a partires das 17 horas. Logo, a partires das 20.15 horas, comezará o espectáculo musical central. Polas táboas do Silfest pasarán grupos como The Lákazans, Maryland, Big Crunch, Presumido, The Morgans, Correos, Cora Sayers e os propios Los Íñigos. A entrada é gratuíta.

Fotos: Sara Fontenla

Artigos relacionados

Back to top button