CulturaCulturaÚltima hora

O Silfest Valdeorras abre as súas portas na beira do río do Barco

A vila encherase estes días 5 e 6 de xullo de música, poesía, cine, viño e gastronomía

O Silfest Valdeorras comeza a súa cuarta edición. Este festival que se celebra os días 4, 5 e 6 de xullo na beira do río Sil estará plagado de música, poesía, cine, viño, gastronomía, e natureza. Así, os nenos tamén serán protagonistas desta cita na vila barquense, xa que están programadas actividades para eles no Mini Silfest.

 

Montaxe do escenario./ Foto: A.R.

 

O festival arrancou onte con actividades de balde. Comezou coa cata “A Erótica do Viño”, seguida de poesía co colectivo Domina, para acabar coa proxección de “Bohemian Rhapsody” na Praza do Sagrado e o concerto de “Andhrea & The Black Cats”.

Sen embargo, hoxe venres 5 de xullo comeza o groso do Silfest. A apertura de portas será as 17:00h. para os que queiran desfrutar da praia fluvial do Malecón cun pouco máis de calma, ou para unirse ás actividades infantís. Ás 18:30h. comezarán as actividades con “Poesía no Camiño”, onde distintos poetas uniranse para percorrer parte do trazado do Camiño de Inverno. Así, as 19:50h haberá un curso de maridaxe de queixo e viños da D.O. Valdeorras, mentres que os concertos empezaran ás 20:40h. coa representación valdeorresa dos grupos Vuelta y Media e Azor 91. Polo escenario D.O. Valdeorras tamén pasarán Igloo, La Plata, Smile e un dos cabeza de cartel, Second. Fixemberg DJ será o encargado de pechar as actuacións deste venres ás 3:15h. O Mini Silfest contará con rocódromo, inchables, karaoke e a actuación do Mago Teto.

 

Ultimando detalles./ Foto: A.R.

 

Por outra banda, o sábado a apertura de portas será pola mañá, ás 11:00h., con actividades  para os nenos no Mini Silfest, que proseguirán ata as 22:30h con cine ao aire libre. Así, a sesión vermú estará amenizada por The Dawlins ás 13:00h., seguido da Cata “A Manduca Valdeorras Gourmet” no Espazo Lecer. O conxunto trivés Macizas Centrais darán un toque tradicional ao festival coa súa actuación no Escenario Sil ás 15:00h.

Xa pola tarde, haberá un espazo gastronómico coa “Cata&Música” e o Showcooking Mahou co cociñeiro Kike Piñeiro, ás 18:00h. e 18:45h. respectivamente. Airline será o encargado de abrir os concertos do sábado, seguidos de Kings OF The Beach, The Morgans e Chelsea Boots. O grupo vasco Shinova, outro dos cabeza de cartel, comezará a súa actuación ás 23:55h. e seguiralle Amatria para rematar con Economato DJ´s, que pecharán o festival.

Texto: Alba Prada

Artigos relacionados

Back to top button