DeportesÚltima hora

O Sincro Ourense no campionato de España de figuras

Oito nadadoras infantís do club de natación ourensán participaron na proba celebrada en Madrid
As nadadoras infantís do Club Sincro Ourense que participaron no campionato de España.
As nadadoras infantís do Club Sincro Ourense que participaron no campionato de España.

Un total de 258 nadadoras de 26 clubs de toda España participaban no XIV campionato de España de figuras infantil-júnior celebrado no Centro de Natacion M-86 de Madrid. Entre esas deportistas, estaban oito infantís do Club Natación Sincro Ourense: Ana Moyano, Candela Rguez, Claudia Bande, Iria Guevara, Lola Carracedo, Lucía Villar, Rebeca Ruíz e Rocío Blanco acompañadas polas técnicas: Elvira López e Beatriz Montes.

Tal como explican dende Sincro Ourense, as ourensás “foron as galegas mellor situadas na clasificación individual e por clubs”. Finalizaron no posto 15 da clasificación conxunta e a nivel individual a primeira clasificada foi Candela Rodríguez no posto 63 da clasificación absoluta seguida por Lola Carracedo no 78. Na clasificación por grupos de idade entre as nacidas en 2003 Ana Moyano ocupou o posto 37 e Rocío Blanco o 61.

Estos resultados corroboran os conseguidos polo club ourensán na 1ª xornada de figuras da liga galega celebrada en Vigo a mediados de novembro onde “as infantís do Ourense dominaron claramente na súa categoría, ao ocupar os postos 1º, 2º, 3º, 6º, 7º e 9º das 65 participantes”.

Artigos relacionados

Back to top button