PolíticaÚltima hora

O socialista Gonzalo Caballero asegura que “haberá un cambio progresista na Xunta”

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta sinala que o 12 de xullo decidirase “o presente e o futuro no que queremos vivir”

Gonzalo Caballero, candidato socialista á presidencia da Xunta de Galicia.

 

“Agora é máis necesario que nunca dar unha etapa progresista a Galicia para remontar esta situación de crise derivada da covid cunha nova folla de ruta que defenda os servizos públicos e configure unha nova política económica para reconstruír Galicia defendendo os intereses da cidadanía”. Asegurábao neste 31 de maio o candidato socialista á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, incidindo en que o 12 de xullo decidirase “o presente e o futuro no que queremos vivir”.

E “para que ninguén quede atrás” aposta por construír “unha Galicia de progreso e benestar que defenda os intereses da cidadanía e que aposte por unha sanidade pública, universal e gratuíta e por fortalecer o estado do benestar”.

Nese senso, Gonzalo Caballero avogou por dotar a Galicia da capacidade de “recuperar unha nova normalidade” na que haxa “máis emprego, máis benestar e mellores servizos sociais”.

“Queremos un cambio de progreso que abra en Galicia unha nova etapa”,  resaltaba Caballero, antes de chamar aos galegos a involucrarse nesa “tarefa de reconstrución do futuro”. “Faino por Galicia. Faino por ti”, concluíu, e resumiu así a apelación que dirixirá á cidadanía antes de que comece a campaña electoral para amosar o compromiso socialista coa resposta axeitada a esta crise en Galicia.

 

Artigos relacionados

Back to top button