Despois de máis de 25 anos no cargo e sete maiorías absolutas co PSdeG-PSOE desde as eleccións locais de 1999, o alcalde do concello lucense de Ribas de Sil, Miguel A. Sotuela Vega, abandona o cargo.
Aínda que había rumores non era ata a este sábado 23 de novembro cando anunciaba a súa decisión, nun acto celebrado na Deputación de Lugo.
A corporación de Ribas de Sil celebrará o vindeiro xoves 28 de novembro o pleno no que se que formalizará a súa partida e unha semana despois outro no que tomará posesión o seu substituto.