CulturaCulturaÚltima hora

O sorriso das perdedoras en “Lo nunca visto”, no Teatro Lauro Olmo do Barco

Esta obra, da compañía madrileña La Estampida, representarase o vindeiro venres 23 de novembro a partires das 21h.
Unha das escenas de “Lo nunca visto”./ Foto: La Estampida.

Unha decrépita profesora de danza que vive enclaustrada no seu estudo, que ademais está a punto de pechar por impago. E dúas ex alumnas, unha drogadicta e unha ama de casa recén fugada. As tres unen forzas para realizar un espectáculo revolucionario de arte contemporánea. Así arranca a trama de “Lo nunca visto”, unha obra teatral de La Estampida que se desliza entre a comedia e a traxedia.

Conta con dirección de José Troncoso e está interpretada por Alicia Rodríguez, Belén Ponce de León e Ana Turpín. As tres dan vida a outros tantos personaxes que van desvelando no decurso da obra o que se agocha detrás das súas propias vidas, repasando éxitos e fracasos, luces e, sobre todo, sombras.

A compañía madrileña La Estampida chega por primeira vez ao Barco con esta obra que se representará o venres 23 de novembro ás 21 horas no Teatro Lauro Olmo.

Artigos relacionados

Back to top button