OurenseÚltima hora

O subdelegado do Goberno recibe ao novo comisario xefe provincial de Operacións da Comisaría de Policía Nacional de Ourense

 

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, recibía ao novo xefe provincial de Operacións da Comisaría de Policía Nacional en Ourense, o comisario Antonio Felipe Guzmán Moreno, para darlle a benvida no seu novo posto no ao que se incorporou nos últimos meses.

Emilio González repasou co novo responsable de Operacións os asuntos máis relevantes relacionados coa seguridade da provincia e da cidade como os últimos sucesos do barrio da Ponte nos que se está a garantir a seguridade cidadá e desexoulle ao comisario Guzmán “todos os éxitos no seu novo desempeño profesional”, destacando a responsabilidade e o compromiso que require o cargo que vai exercer.

Así mesmo, o subdelegado do Goberno quixo destacar o traballo e o compromiso que manteñen os axentes da Policía Nacional coa defensa dos dereitos e liberdades da cidadanía ourensá que nos últimos anos se reforzou o servizo dende o Ministerio do Interior de 193 axentes no 2019 a 236 no 2022.

O comisario Antonio Felipe Guzmán Moreno presta servizos no Corpo Nacional de Policía dende hai 24 anos. Traballou durante os últimos anos como como xefe da Brigada Provincial de Extranxería e Fronteiras na Xefatura Superior de Policía de Navarra.

Artigos relacionados

Back to top button