CulturaCulturaÚltima hora

O teatro de Berrobambán completa o XI Ciclo De Perto, no Castro (O Barco)

A compañía interpretaba na noite do 28 de xullo "Hai quen escolle os camiños máis longos"

 

O bosque acostuma ser escenario dos feitos asombrosos que acontecen nos contos tradicionais, onde se perden e se atopan os seus protagonistas. E nese mesmo bosque desenvólvese a historia á que a compañía Berrobambán daba vida sobre o escenario situado na Torre do Castro (O Barco) na noite do 28 de xullo: “Hai quen escolle os camiños máis longos”. Tres actrices (Paula Carballeira
Bárbara Soares, Joanna Saraiva) interpretaban a outras tantas mulleres: unha nena, unha raíña que antes foi tamén nena e unha bruxa, que foi nena e tamén raíña.

 

 

Con esta peza teatral (con texto e dramaturxia de Paula Carballeira) vén de completarse o programa do XI Ciclo De Perto do Barco, que incluía nesta edición nove actuacións que rendían tributo á palabra nas súas máis diversas manifestacións.

Fotos: Ton y Son.

 

Artigos relacionados

Back to top button