EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

O tecido empresarial de Verín implícase novamente no Festival Internacional de Curtas

Os establecementos adheridos a AEVER sortearán entradas para o espectáculo que Pepe Viyuela ofrecerá no Auditorio o vindeiro 9 de setembro

 

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Verín (AEVER) apoiará de novo o desenvolvemento do Festival Internacional de Curtas (FIC) Vía XIV, previsto para setembro, a través dunha dobre iniciativa, que se presentaba esta mañá por parte de representantes da asociación. Por unha banda, promoverase un concurso de escaparates de cine e, ademais, realizará o sorteo de sete entradas dobres para o espectáculo “Encerrona” de Pepe Viyuela.

Así un concurso instará aos seus establecementos da vila a decorar os seus escaparates con motivos relacionados coa sétima arte. Os tres mellores escaparates será premiados con 150, 75 e 50 euros respectivamente e os establecementos distinguidos polo xurado daranse a coñecer no decurso da semana do certame.

Os premios non poderán ser acumulables a un mesmo comercio e AEVER e o FIC Via XIV de Verín anunciarán, con tempo suficiente, as bases desta iniciativa e os prazos nos que se activará para que todos aqueles comerciantes que o desexen poidan participar.

Encerrona

Xunto a isto, AEVER vai sortear entre todos aqueles que realicen compras na súa rede de establecementos entradas para o espectáculo que o actor Pepe Viyuela ofrecerá no Auditorio
na xornada do 9 de setembro, as 20:00 horas.

Para optar a gañar un dos tíckets gratuítos que AEVER ofrece, só hai que realizar unha compra en calquera dos establecementos da asociación e cubrir unha ficha cos datos de contacto daquel
que participa.

O sorteo celebrarase como mínimo unha semana antes da visita de Vivuela a Verín e os tíckets poderán ser recollidos nos puntos que a organización do FIC e AEVER determinen. O mesmo será terá lugar na sede da Asociación de empresarios de Verín

A participación en ambas iniciativas estará aberta a todos os establecementos comerciais associados a AEVER e que o soliciten. A Asociación Cultural Via XIV designará aos integrantes do xurado no caso do concurso de escaparates e o seu fallo será inapelable. Os locais comerciais interesados en inscribirse poden facelo a través do mail info@ccaverin.com ou enviando un whatsapp ao telefono 630 354 869

Artigos relacionados

Back to top button