O toque dos Labregos volvía sentirse polas rúas de Trives na tarde deste Martes de Entroido. O folión percorría unha vez máis a vila tocando bombos, aixadas e gadañas, pero, desafortunadamente, a chuvia impedíalles rematar a ronda.
Remata así o tempo do Entroido en Trives, pero non as saídas deste folión que ten previsto acudir o 5 de marzo a un encontro na Veiga e o día 6 tocará en Carril.
Fotos: Asociación Os Labregos.