CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O Torneo Alevín da AGCF que se ía celebrar no Barco, aprázase ata o 2024

A Xunta Directiva da Asociación de Clubs Galegos de Fútbol reuníase no Casino

 

O Torneo Alevín da Asociación de Clubs Galegos de Fútbol (ACGF) que se ía celebrar este ano no Barco, no marco da celebración do 50 aniversario do club barquense, aprázase ata o 2024. Así se decidía na Sesión Ordinaria da Xunta Directiva da Asociación de Clubs Galegos de Fútbol celebrada na mañá do sábado  29 de abril no Casino do Barco.

O presidente do CD Barco, Nilo Ramos, un dos vicepresidentes da asociación e organizador da reunión explica que o motivo son as accións que van levar a cabo no terreo de xogo do Campo de Calabagueiros. “Queren facer unhas melloras antes do verán co cal non estaría en boas condicións para a acoller o torneo e o Campiño de Viloira non ten capacidade suficiente polo que preferimos aprazalo para o ano que vén e facelo en condicións”, asegura Ramos.

Na reunión tratáronse outro puntos como suxerencias e elaboración do presuposto para a organización da Gala da ACGF que se celebrará o 30 de xuño en Santiago de Compostela.

 

Artigos relacionados

Back to top button