CulturaCulturaÚltima hora

O traballo xornalístico de O SIL sobre os incendios do 2022 en Valdeorras, na exposición “Galicia en Foco”, en Ferrol

 

O vindeiro 21 de decembro ás 19,30 horas abrirá ao público no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol a exposición da 32ª Edición de Galicia en Foco, que promove o Club de Prensa de Ferrol. Entre os traballos que forman parte desta mostra fotográfica está a ampla reportaxe que publicaba en agosto de 2022 o Periódico O SIL sobre os incendios que devastaban a comarca de Valdeorras nese verán.

 

 

Da mostra forman parte tres fotografías de Carlos G. Hervella e tamén a reportaxe na que se publicaban na edición en papel deste medio de comunicación.

Un traballo en papel que se completaba coa información diaria e actualizada constantemente que se publicou neses días no periódico dixital www.osil.info .

 

 

Artigos relacionados

Back to top button