DeportesPiraguismoÚltima hora

O Tren Fluvial do Barco, cheo de viaxeiros e música, rumbo á saída do 57º Descenso do Sil

Saía da estación de ferrocarril desta vila ás 17:30h. ao ritmo da charanga Brisas do Sil

 

A festa do 57º Descenso do Sil-Memorial Julián Trincado Settier vén de iniciarse xa ás 17:30h. coa saída do tren fluvial gratuíto dende a estación de ferrocarril do Barco.

Numerosas persoas, acompañadas pola música da charanga Brisas do Sil subíanse a el para dirixirse a Sobradelo de cara a poder desfrutar alí da espectacular saída desta proba de piragüismo, que se celebra no marco das Festas do Cristo barquenses. Entre os viaxeiros o máis xove era un bebé chamado Mathias.

 

 

A medida que cada persoa se ía subindo ao tren recibía un pano conmemorativo do descenso, desta volta de cor laranxa. Unha vez completo cheo, o tren partía puntual para Sobradelo onde agardará na estación ata que se dean todas as saídas das piraguas.

Despois, polas 18:15h. o tren fluvial emprenderá viaxe de regreso ao Barco, se ben irá facendo paradas en certos puntos para que os seus usuarios poidan seguir a evolución da proba, cuxa meta estará situada na praia fluvial do Malecón.

Fotos: A.R.

Back to top button