O trivés Adolfo Domínguez recibirá a Calpurnia Especial 25 anos na vindeira edición do Ourense Film Festival (OUFF). O modisto estudou Cine e Arte en París, e foi produtor de “La moños”, a primeira película que se proxectou na historia do OUFF, na súa sesión inaugural en 1996.
Dende a organización afirman que “esta película foi o comezo dun festival que puxo o nome de Ourense no mapa e que este ano chega a súa 25 edición en plena forma”. Así, “La moños” foi un filme dirixido por Mireia Ros e estivo nomeada a ao Premio Goya a Mellor dirección novel. Está baseada na historia dunha muller icónica e estrambótica que percorría as rúas do barcelonés barrio do Raval a principios do século XX.