ConcellosÚltima hora

O trivés Hugo López Lamelas, de novo no “Land Rober” da TVG

O cativo actúa esta noite nun skech xunto a Roberto Vidal, Xosé Antonio Touriñán e Eva Iglesias
Roberto Vidal regaloulle unha camiseta de Messi a Hugo Lóez, antes da actuación.

Os alumnos do CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso da Pobra de Trives levan a arte da interpretación no sangue. Despois do éxito que tres estudantes de sexto (Ainara, Servando e Hugo), colleitaban no skech dos Gorrillas que protanizaban no programa do “Land Rober Tunai Show” emitido pola TVG na noite do 19 de xaneiro, un deles volve repetir experiencia no programa de humor.

Hugo López Lamelas participará esta noite, 11 de maio en torno ás 23h. nun skech xunto a Xosé Antonio Touriñán (que fai de avó), Roberto Vidal (mestre) e Eva Iglesias (nai).

Unhas horas antes da actuación partía da Pobra de Trives unha pequena expedición para acompañar ao artista ata o plató e disfrutar dende o público do entretido programa de humor e variedades, conducido polo propio Roberto Vidal que regalaba unha camiseta de Messi ao cativo trivés.

 

Hugo vestido e preparado para a actuación.

Artigos relacionados

Back to top button