OurenseÚltima hora

O trivés José María Pérez presenta “La fuerza de nuestros ríos” na Biblioteca de Verín

Publicidade
Será nun acto previsto para este xoves 15 de novembro ás 19:30h.
Jose María Pérez, autor de “La fuerza de nuestros ríos. Una historia de Viana, Porto, A Veiga y la energía hidroeléctrica”, na ponte sobre o Piago (Trives)./ Foto cedida por José María Pérez.

Como un pequeno ensaio, como “un libro de historia escrito por un enxeñeiro e por unha persoa á que lle gusta moito a zona e que traballa nela”. Así define o trivés José María Pérez López o libro “La fuerza de nuestros ríos. Una historia de Viana, Porto, A Veiga y la energía hidroeléctrica” (Andavira, 2018).

Esta obra, que vía a luz o pasado verán, presentarase este xoves 15 de novembro ás 19:30h. na Biblioteca do Concello de Verín. Este volume céntrase na construción dos saltos e, paralemanente, do proceso de emigración que se vivía nese momento no citados municipios do rural ourensán e zamorano nos anos 60. Supoñía, en palabras do autor, “unha auténtica revolución” xa que nestas obras chegaron a empregarse, “do 1947 ao 63, máis de 10.000 persoas entre Sanabria, Porto, A Veiga e Viana, foi tremendo”.

O libro aborda tamén a evolución destas instalacións hidroeléctricas no tempo e o que supuxeron para estas zonas dende un punto de vista enerxético, económico e tamén social dende a súa creación ata a actualidade.

 

Portada do libro que se presentará en Verín.

Artigos relacionados

Back to top button