
Este ano o Trofeo Fundación Estanislao Reverter muda e, de acordo coa Escudería Ourense, premiará ao mellor clasificado na Categoría de Históricos. Deste xeito, a fundación e a escudería organizadora do Rallye de Ourense fan un recoñecemento aos vehículos que anos atrás fixeron vibrar aos afeccionados e que forman parte da bagaxe dos rallyes.
O trofeo desta edición será unha reprodución da obra en acrílico sobre lenzo doada polo seu autor Juan Méndez, á Fundación Estanislao Reverter, cuxo orixinal está exposto no Museo da fundación, na Estación de Santa Cruz de Arrabaldo.