En portadaÚltima hora

O túnel de Montefurado (Quiroga), na N-120, cortarase ao tráfico esta noite por un simulacro de accidente con posible incendio

Levarase a cabo entre as 23h. do martes 17 de outubro e as 3h. do mércores 18 de outubro

Cortes de tráfico na estrada N-120 (entre PK 476 e PK 483)./ Fonte: Mitma.

 

O túnel de Montefurado (Quiroga, provincia de Lugo) da estrada N-120, vai acoller esta noite un simulacro dun accidente de tráfico no seu interior coa finalidade de verificar o correcto funcionamento dos equipamentos, dos sistemas de seguridade e dos protocolos de actuación e evacuación previstos. O incidente simulado consistirá nunha colisión entre dous turismos e un incendio que se simulará mediante a utilización dunha máquina de fumes quentes.

O Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana (Mitma) vai levar a cabo un simulacro de actuación e coordinación entre todos os servizos implicados (servizos de emerxencias, bombeiros, sanitarios, garda civil, xestores do túnel e protección civil) ante un sinistro que implicaría a extinción dun incendio e a evacuación de feridos e de usuarios do túnel de Montefurado.

 

Desvío de tráfico. Acceso a Montefurado(PK 476 da N-120)./ Fonte: Mitma.

 

Durante a preparación e realización do simulacro cortarase o tráfico na N-120 e estableceranse desvíos de tráfico, garantindo a seguridade dos usuarios e dos servizos de emerxencia. Así, o tráfico na estrada N-120 cortarase en ambos os sentidos de circulación entre o km 476 (Montefurado) e o 483 (Bendilló), entre as 23:00 horas de mañá martes e as 03:00 horas do mércores, 18 de outubro. Os cortes e desvíos estarán debidamente sinalizados, segundo a información feita pública polo ministerio.

No desvío de tráfico, permitirase o paso de todos os vehículos lixeiros e daqueles vehículos pesados que sexan aptos para circular en condicións de seguridade. Para o resto dos vehículos pesados non aptos, serán retidos estritamente durante o tempo que dure o simulacro e, para iso, o persoal de conservación encargarase de cribar aqueles vehículos non aptos para circular, nos puntos de corte.

 

Desvío de tráfico. Acceso a Bendilló (PK 483 da N-120)./ Fonte: Mitma.

Artigos relacionados

Back to top button