OurenseÚltima hora

O V Car Outlet Ourense pecha con 127 coches vendidos e 3.400 visitas

 

Na tarde do domingo 16 de abril Expourense pechaba as portas da V edición do Car Outlet Ourense con 127 coches vendidos e tendo recibido 3.400 visitas, datos que superan amplamente os obtidos na última edición celebrada en maio de 2022 (aínda con restriccións por mor da pandemia). Esta cita organizada entre Expourense e a Asociación de Concesionarios Oficiais de Automóbiles de Ourense-ACAUTO, recupera así os bos datos das primeras edicións e consolídase como una cita moi agardada polos expositores e tamén polos visitantes. Dende ACAUTO indican que esta edición cumpriu as súas expectativas a pesar de que a boa climatoloxía desta fin de semana non contribuíu a animar a visitar o recinto. Esta quinta edición contou coa participación de 15 concesionarios oficiais que representaban a 24 marcas (dúas das cales participaron por primeira vez nesta cita) e que ofrecían máis de 400 opcións.

 

 

O ratio de visita por venda de coche aumentou con respecto a outros anos, o que ven indicar o alto nivel de interese do público. Os visitantes deste salón acudiron durante estes tres días á feira con “clara intención de compra, cunha idea bastante clara do que viñan buscar e cun orzamento tope marcado polo que buscan o coche que se adapte ao que tiñan pensado investir”. A esta cifra de ventas haberá que engadir as que se pechen durante os próximos días por parte dos “indecisos” durante a súa visita ó salón e tamén as xurdidas de contactos realizados durante a feira. Dende ACAUTO explican que o proceso de compra dun vehículo supón un importante desembolso para as familias que “veñen ao salón, miran, van para a casa e pensar e aos poucos días veñen ao concesionario pechar a compra”.

 

 

A seguinte cita feiral relacionada co sector da automoción será o 1º Salón do Vehículo Clásico, que terá lugar a fin de semana do 24 e 25 de xuño. Como é habitual, no mes de outubro celebrarase tamén o Salón do Automóbil Novo (6 a 8 de outubro de 2023) e o Salón do Automóbil de Ocasión (20 a 22 de outubro de 2023).

Artigos relacionados

Back to top button