Segunda medalla nos escasos días que van de tempada para o padexeiro valdeorrés Iván Prada Pérez, do Club Piragüismo Rías Baixas-Boiro. Nesta fin de semana, en concreto o sábado 7 de febreiro, tomaba a saída no Campionato galego sénior de K-2 sobre 3.000 metros, que se desenvolvía nunhas difíciles condicións de frío e chuvia no Lago das Pontes e na que se medía con outras 25 embarcacións.
Aínda así, o barco que Adrián Prada compartía con Joaquín Iglesias lograba impoñerse claramente e facíase co título galego en categoría sénior, cun rexistro de 00:12:41,42. En segunda posición entraba o K-2 de Martín López e Borja López (Club Náutico Firrete) e na terceira o de Antonio Palmas e Eugenio López (Club Piragüismo Vilaboa).
Nesta mesma categoría raíña competía o irmán de Adrián, Raúl Prada que conseguía unha meritoria quinta posición tendo en conta que aínda non é sénior. Compartía barco con Brais Sánchez, tamén no Club Piragüismo Rías Baixas-Boiro.
Fotos: loispradaf
