Destacada actuación do valdeorrés Adrián Prada Pérez (Club Piragüismo Rías Baixas-Boiro) que competía coa selección española sénior no Campionato do Mundo de Maratón, que tiña lugar do 4 ao 7 de setembro en Györ (Hungría). Lograba a posición 13 en K-1 sénior na proba de maratón longo, é dicir, nos 29,2 km.
Era unha competición cun elevado nivel na que se medían unha trintena de competidores. Na carreira Adrián Prada ía de menos a mais, tras unha mala saída e unha primeira parte da regata complicada. Completaba o percorrido cun rexistro de 2:03:07.84.
Despois conseguía remontar ata acadar a 13 posición final, mentres que o outro español da proba, Iván Alonso, quedaba oitavo.
Fotos: RFEP.