DeportesPiraguismoÚltima hora

O valdeorrés Adrián Prada, rozando o podio nas regatas internacionais de Sanabria e Valladolid

Ademais, este padexeiro sénior do Club de Piragüismo Rías Baixas-Boiro lograba destacados resultados nacional de sprint olímpico

Foto: loispradaf.

 

Continúan os excelentes resultados deportivos para o padexeiro valdeorrés Adrián Prada Pérez. Comezaba xullo competindo o día 6 na 61 Regata Internacional de Sanabria, cunha elevada participación e gran nivel, onde o seu K4 absoluto, que representaba a España, conseguía un cuarto posto, tras o de Hungría, Portugal e República Checa. Prada compartía barco con Miguel Lloréns, Alberto Plaza e Joaquín Iglesias.

 

Foto: loispradaf.

 

Ao día seguinte, 7 de xullo, o padexeiro valdeorrés competía no XV Trofeo Internacional K4 Cidade de Valladolid, nunha distancia de 5.000 m, onde novamente, quedaban cuartos.

 

Foto: loispradaf.

 

E nxa na pasada fin de semana, Adrián Prada amosaba novamente o seu talento na pista no LV Campionato de España de Sprint Olímpico, competindo tamén en barcos de equipo sénior e vestindo as cores do Club Piragüismo Rías Baixas-Boiro. Así, en K4 (con Joaquín Iglesias, Brais Sánchez e Sergio Pérez) na 1000 Final A quedaba 5°, en K2 (con Joaquín Iglesias) 1000 na Final A – 8°, en K4 500 na Final B 1°, e en K2 500 na  Final B – 3°.

O sistema de competición era contrareloxo e os nove primeiros ían á final A, os nove seguentes á final B, os nove seguentes á final C, e o resto resultaban eliminados.

 

Cedida.
Cedida.
Back to top button