AletismoDeportesÚltima horaVídeos

O valdeorrés Alejo Ares imponse na carreira absoluta do Nadal, na Rúa

 

No último domingo do ano, neste 29 de decembro, celebrábase na Rúa a XIII Carreira e Andaina Popular do Nadal, organizada polo Club Adas Cupa, que reunía a máis de 150 persoas, 57 delas na carreira absoluta.

 

 

Unha carreira que comezaba ás 12 horas e remataba cun claro gañador o valdeorrés Alejo Ares. O atleta do Club Adas completaba o circuíto de 6,5 km que percorría boa parte da zona da Veiga, preto do río nun tempo de 21:24. O segundo era Pablo Alonso de Rubiá cun tempo de 21 minutos e o terceiro José Manuel García, Pacho, tamén do Barco que entraba en meta 37 segundos despois.

 

 

Seguindo a proba e na entrega de premios estaban, entre outros, a alcaldesa da Rúa María G. Albert e o concelleiro de Deportes Avelino Fernández.

 

 

Fotos e vídeo: O SIL, excepto as de podio que son cedidas.

Máis información e fotos:

Máis de 150 persoas participan na XII Carreira e Andaina Popular do Nadal, 1 kg solidario, na Rúa

 

Artigos relacionados

Back to top button