CulturaCulturaEducaciónEn portadaÚltima hora

O valdeorrés Carlos Revuelta, no congreso internacional “Science & Cycling”, en Bilbao

Reúne a expertos do mundo do ciclismo competitivo e científicos xusto antes do inicio do Tour de Francia

 

 

Xusto antes do inicio do Tour de Francia, está a celebrarse o congreso “Science & Cycling”, que reúne o 28 e o 29 de xuño en Bilbao a expertos do mundo do ciclismo competitivo e científicos, que intercambian as súas investigacións e experiencias neste foro.

Entre os participantes nesta edición está o valdeorrés Carlos Revuelta Parra, profesor na Facultade de Ciencias da Educación Física e o Deporte da Universidade Europea de Madrid. Este mércores presentaba neste congreso a ponencia “Creatine supplementation during a training camp in young professional cyclists: a randomized controlled trial” (Suplementación con creatina durante un campo de adestramento en xoves ciclistas profesionais: un ensaio controlado aleatorizado).

 

 

Ademais a semana pasada este profesor valdeorrés, e tamén atleta, convertíase no padriño da nova promoción de alumnos da súa facultade.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button