SanidadeÚltima hora

O valdeorrés Hipólito Puente, vicedecano do Colexio de Psicoloxía de Galicia

A nova Xunta de Goberno deste ente colexial, da que tamén forma parte Concepción Fernández, natural da Veiga de Cascallá, vén de tomar posesión

Nova Xunta de Goberno do Colexio de Psicoloxía de Galicia, da que forma parte os valdeorreses Hipólito Puente e Concepción Fernández./ Cedida.

 

Os membros da nova Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia veñen de tomar posesión dos seus cargos, tras culminar o proceso electoral ao que concorreu unha única candidatura. Esta nova xunta, da que forma parte como vicedecano o valdeorrés Hipólito Puente, está encabezada por Mª Rosa Álvarez Prada, que continúa como decana coa intención de dar continuidade ao labor desenvolvido na lexislatura pasada. Deste novo equipo tamén forma parte como vogal outra valdeorresa, Concepción Fernández, natural da Veiga de Cascallá (Rubiá).

“Para os próximos catro anos marcámonos como obxectivo e liña de traballo principal a defensa da psicoloxía na sociedade, asentado nos alicerces da boa práctica profesional e da formación continua como garantías, e reclamando a accesibilidade a atención psicolóxica para as persoas nos distintos contextos”, explicou a decana, Mª Rosa Álvarez, na presentación desta nova Xunta de Goberno.

Tamén sinalou a intención de manter unha coherencia co labor herdado, se ben se desenvolverán medidas para transformar o Colexio de acordo coas necesidades dos tempos, como esixe o actual contexto cambiante da post-pandemia.

En canto ao programa de cara aos próximos catro anos, o novo equipo directivo priorizou seis liñas estratéxicas nas súas accións. Estes eixos son a dinamización da participación colexial, a mellora dos servizos e a transparencia; a defensa da accesibilidade á atención psicolóxica; a representación institucional e incidencia social; a actualización e a transformación dixital; a formación de calidade; o impulso da igualdade; así como a defensa da profesión e loita contra o intrusismo e as pseudociencias.

Nova Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia 2022-2026

Mª Rosa Álvarez Prada, decana
Hipólito Puente Carracedo, vicedecano
Alejandra Fernández Rodríguez, secretaria
Mª Carmen González Hermo, vicesecretaria
Miguel Ángel Chouza Ponte, tesoureiro

Vogais:

José Berdullas Barreiro
Mª Begoña Castro Iglesias
Ricardo Fandiño Pascual
Concepción Fernández Fernández
Eva Muíño Gómez
Ana Mª Núñez Rubines
José Manuel Oreiro Blanco
Socorro Rodríguez Holguín

Artigos relacionados

Back to top button