
Con moita ilusión e co obxectivo de loitar novamente polo podio iniciará mañá o piloto valdeorrés Leo Pérez Pereira a segunda competición do Campionato de España de Karting, onde compite na categoría Mini Rookie.
Este piloto leva xa 11 días preparando esta cita no Circuíto de Zuera (Zaragoza). O pasado lesionábase nun pé nun adestramento no que o kart resultaba totalmente danado, pero un dos seus patrocinadores mercáballe outro novo para poder tomar as saídas nesta cita os días 3 e 4 de xullo. Ten chasis de Tony Kart.
“Despois do accidente que tivo o sábado, o seu patrocinador, Gracias KF Racing Products Karts Francis, comproulle un novo kart, con características similares ao que xa tiña”, sinala o pai do piloto, Julio Pérez. Leo fará mañá sábado dúas clasificatorias e o domingo competirá en dúas carreiras.
Fotos cedidas.