DeportesÚltima hora

O valdeorrés Leo Pérez competirá en abril no Campionato Social de Karting Cabañas Raras

Publicidade
O piloto barquense de karting Leo Pérez.

 

Non será nesta fin de semana, como estaba previsto nun principio, senón no vindeiro mes de abril cando o piloto valdeorrés Leo Pérez Pereira debute co seu novo equipo, ALC Motorsport (que leva a marca Kosmic Kart) , e estree o seu novo kart. “Tiñamos previsto acudir ao Winter Cup, dentro do campionato de Europa Rotax Max, pero a proba cancelouse en España e trasladouse a outro país, co cal non vai ser posible. Tiñamos moita ilusión posta nesa proba, pero non puido ser”, lamenta o pai de Leo Pérez.

 

Chasis do novo kart do piloto valdeorrés Leo Pérez Pereira./ Foto cedida.

 

Pese a iso, o piloto prepara xa outra cita, que se pospoñía varios meses pola situación sanitaria, o Campionato Social de Cabañas Raras, en terras leonesas, previsto para o 24 e o 25 de abril. Aí, este piloto alevín de karting competirá co novo equipo e cun novo kart. Tomará a saída coa idea de facerse co título da proba, nun circuíto ademais que coñece á perfección.

 

Artigos relacionados

Back to top button