Dobre podio para o atleta veterano valdeorrés Paco Bao (Club Adas Cupa do Barco) no Campionato galego máster (individual e de probas combinadas) de pista cuberta que se desenvolvía na xornada deste domingo 5 de febreiro en Expourense.
Bao, que compite na categoría M70, facíase coa medalla de ouro en lonxitude e coa de prata no lanzamento de peso. Esta era a proba 662 na súa traxectoria deportiva.