Na pasada fin de semana celebrábase en Marín (Pontevedra) o Campionato Galego de Muay Thai (boxeo tailandés) con moi bo resultado para o loitador Ramón Núñez (Club Kickboxing Valdeorras) que se proclamaba campión en -63,6 kg.


Ademais da medalla de ouro, Ramón era convocado pola selección galega para representala nos campionatos de España que se disputarán os días 18 e 19 de abril en Málaga.

Fotos cedidas.