DeportesPiraguismoÚltima hora

O valdeorrés Raúl Prada, bronce en K-2 Sub23, no 87º Descenso Internacional do Sella

O seu irmán Adrián, que competía en K-1 sénior, situábase na 20ª posición nesta proba

 

Entre a multitude de padexeiros que o sábado 9 de agosto participaban no Descenso Internacional do Sella 2025, en Asturias, había presenza valdeorresa. Era o caso dos irmáns Raúl e Adrián Prada Pérez. Así Adrián competía en K-1 sénior, onde se clasificada no posto 20.

 

 

Ademais, Raúl disputaba a proba en K-2 Sub-23, onde se facía coa terceira posición da categoría, compartindo barco con Felipe Dobarro González. Os tres defendían as cores da Federación Galega de Piragüismo.

Fotos: Loispradaf.

Back to top button