Os efectos da borrasca Mónica estanse deixando sentir tamén por Valdeorras. En forma de abundantes chuvias, neve e tamén vento. E precisamente o vento era o que probocaba un incidente nunha árbore de gran altura situado na avenida da Estación, na esquina co paseo do Malecón, no Barco de Valdeorras.
Pasadas as catro e media da tarde deste sábado 9 de marzo un forte refacho dobraba a árbore pola base e malia intentar enderezalo, non o conseguían e finalmente tiña que ser talado.
No operativo participaban a Policía Local do Barco de Valdeorras, os bombeiros do parque comarcal que tiñan que utilizar unha das grúas para acceder á parte máis alta da árbore; e tamén o concelleiro de Obras e Parques Infantís do Barco, Miguel Neira.
Fotos: Carlos G. Hervella e cedidas