ConcellosO BarcoÚltima hora

O vento tira árbores en Veigamuíños e arrinca ramas xunto ao Malecón do Barco

 

O intenso vento racheado da tormenta seca que afectaba na tardiña de onte ao Barco causaba numerosas incidencias na vila. Moitos árbores resultaban danados, nuns casos caían, como sucedía nun á beira do arroio de Viloira e tamén na zona de Veigamuíños (tal e como pode comprobarse nas últimas imaxes desta galería de fotos) que caían sobre a estrada, e noutros rachaban as súas ponlas como acontecía en varias árbores da beira do río Sil, xunto ao Paseo do Malecón do Barco.

Neste últimos caso os veciños comentaban que isto podería terse evitado se se procedese a realizar podas regulares destes exemplares, xa que as ramas partidas estaban totalmente secas.

Fotos: A.R. e cedidas (as 3 últimas).

Artigos relacionados

Back to top button